1. Presentación Positiva.
O moderador fai lectura dun texto ao xeito de introducción.
2. Resumo dos consenso alcanzados anteriormente e dos asuntos pendentes.
A. Nova periodicidade da Asemblea Xeral de Vigo.
B. Asunto desemprego: xa se plantexaron ideas, houbo discusión organizada, queda pendente establecer un grupo de traballo e levar unha proposta en firme á decisión da Asemblea.
3. Recordatorio signos comúns.
4. Presentación e desenrolo do punto do día.
A. Obxetivos e Motivación do Movemento 15-M Vigo; xeración de ideas.
1) Identificar e facer pagar aos culpables (das causas que no touxeron aquí
2) (Identifica como tales causas á) Crise financiera e o capitalismo (dubida sobre as medidas de reforma)
3) Plantexa que vivir na praza, plantexando e facendo accións, e alimentado o espirito de cambio sen violencia, tan só vivindo e estando (como fai actualmente o 15-M) é unha é unha das cousas posibles a facer; porque é mellor que ir a traballar por un salario, pagar os impostos, depender da banca,…
4) O obxetivo é loitar en contra do capitalismo. Hai que facer frente a súa maquinaria, escravitude, dictadura,… crear consiencia de clase traballadora, sexa a corto ou medio prazo (pero mellor a corto).
5) Crear grupos de poder na medida que nos deixe o sistema. Extenderse a barrios e parroquias: crear asembleas populares para solucionar os problemas da xente a nivel local.
6) Plantexa duos planos, un primeiro, enfocado á xente madura, para mellorar a situación presente; e un segundo, enfocado aos menores, coma base dun futuro mellor. Na primeira orde habería que solucionar cuestións coma os salarios, a vivenda, a banca, a sanidade, a lei electoral, a educación,…; e na segunda orde (para que non se reproduzan os errores) hai que eliminar (mediante a educación dos menores) a corrupción, a crise de valores, …
7) Indentificar o problema: o capitalismo. Plantexar unha alternativa: acampada, democracia, asemblearismo, horizontalidade,..
8.) Distengue dous planos. Primeiro está definir o contido temático do movemento (ideoloxía anticapitalista, que se fará dende esta asemblea). Mais para iso é preciso definir un proceso de decisión da mesma: hai que expandirse aos barrios (esperando que espontanéamente se enchan de sentido, como en Lavapies), hai que facer un movemento aberto a xente que só poida participar periodicamente.
9) O obxetivo é o cambio persoal porque se non se reproducirán os mecanismo perversos (cambia tí e cambiará o resto): son precisos uns valores persoais.
10) O obxetivo é loitar contra problemas económicos; mais mellor por medio do apoio mútuo que polas ideoloxías establecidas. Hai que levar o apoio mútuo (xa presente no 15-m) máis aló. As asembleas poden ser pequenas; é importante que haxa esta vía de comunicación.
11) En vez de aspirar a cambialo mundo é preciso cambiar nós mesmos: cooperativas de producción, mutualismo, recuparción de aldeas abandonadas. Considera importante loitar contra a privatización das caixas de aforro.
12) Valorar a reunión na praza pública e o asemblearismo: é un obxetivo en si mesmo.
13) Loitar contra as inxustizas, e coordinarse coa xente que xa traballa polo mesmo (nun ámbito local)
14) O obxetivo é que as asembleas sirvan para buscar alternativas ao sistema (cooperativismo)
15) Crear unha rede popular de asembleas.
16) (forma parte do 15-m Bouzas, exemplifica co problema dos desperdicios deixados pola Feria de Bouzas) Buscar e recoller solucións aos problemas da xente entre a mesma xente; facer traballo de base para achegarse a xente; e depois, se é preciso, requirir a intervención do Concello.
17) (sáese notoriamente do tema) Fala da relación entre portugueses e españois.
18) (segue fora do tema) Viva os portugueses!
19) (é o mesmo que o 11, clarifica) O obxetivo debe ser crear cooperativas e mutualismo para a producción é demostrar que se pode vivir doutro xeito.. non é para crear un gueto.
20) Crear conciencia política.
21) Loitar por unha sociedade máis xusta e igualitaria: hai que darlle caña a banca.
22) Considera que as ideas están claras, tan só hai que loitar todos xuntos (acampados e non acampados)
23) Facer boicot á privatización das loterias é apostas do estado.
5. Turno de Informacións.
1) Grupos de traballo Expansión Local: Estase a traballar en Teis, Bouzas, Coia, Calvario….; para informar sobre o noso movimento e os seus obxetivos; para sumar xente e facer unha rede de información entre veciños.
2) Comisión de Medioambiente: Mércores 13 ás 19:00-19:30 charla sobre a Defensa do Galiñeiro (parque eólico); Sábado 16 pola mañá, dende as 11:00, e ata a tarde, despois de comer (autoxestionada ou as lentellas da Cova dos Ratos) haberá Mercadiño de Troco e Cesión = Vigotroca.
Comisión de Cultura: Luns, as 19:00, charla-debate a cargo do Grupo da Memoria Histórica “A Cruz dos Caidos de Vigo”; Luns, ás 20:00 h, concerto de “Yosvani”; Martes e Xoves, ás 18:00 “Falamos de educación”
3) Comisión de Logística: invoca ao pobo a traballar
6. Turno de Varios.
1) Fala o portavoz da Asociación Viguesa da Memoria Histórica. Convoca á xente as o Luns as 19:00 na farola. Conta a historia da Cruz dos Caidos de Vigo: foi feita en 1961 en homenaxe ao franquismo e o nazismo. A Asociación da Memoria Histórica leva traballando dende o 2002; a Lei da Memoria Histórica esixe a retirada da Cruz, mais o Concello no quere acatala lei e por iso a Asociación fixo unha campaña propia por iso, recollerose miles de sinaturas ¿É isto democracia?¿Hai xustiza?
2) Comisión lexislativa: presenta os diferentes grupos de traballo e anima a participación. A) Representatividade: leis electorais, corrupción política, control da actividade pública. B) Vivenda e servizos públicos: hipoteca, dación en pago, lei concursal. C) Emprego: Pacto do Euro, informe Democracia Real Europa Ya, Javier Torres Lopez ATTAC. D) Banca e Fiscalidade: Tasa Tobin e control poder das finanzas.
3) Comisión de Acción: Venres 15, as 20:00, acción de apoio ao Pobo Grego (falta concretar)
4) Fala de Sócrates e concepto de Agorafei: sair a rúa a preguntarse que facemos. Non hai que reparar no que dí a prensa sobre o 15-M. Fai unha consideración positiva do traballo feito, aprendimos moito.
5) Fala da Lei de Familia da Xunta: foi aprovada o día 28 e o día 30 o goberno xa estaba organizando á colectivos “Provida”: isto demostra que queren facer unha política progestante, conseguir “ventres de aluguer,” e limitar o dereito ao aborto.
6) Fala da súa experiencia persoal na Acampada Ponteareas: disporse e axenciarse fincas abandonadas para traballalas de xeito cooperativo, a máis de ser un fin en si mesmo, foi algo que conseguiu apoio popular.
7) Fala pola súa experiencia en Santiago de Compostela: están levando as asembleas aos barrios, o obxetivo e conseguila concienciación da xente, a expansión da información.
8) Sorprendese de que esteamos a falar tanto sen pararse a comer e beber (non coma no botellón)
9) Volta a falar de Sócrates
2 Respuestas a “Actas asemblea 7-VII”