Concentración en apoio ao pobo grego (15 de xuño do 2011)

A crise non é grega, a crise é do capital

Durante anos, Grecia estivo gastando diñeiro que non tiña. Nas épocas de bonanza, o goberno grego solicitou préstamos e gastounos en pagar antigas débedas, en aumentar soldos públicos, nas Olimpiadas do 2004… Malgastounos, en definitiva. Ao incrementar os seus gastos, aumentou o seu déficit, e iso creoulle problemas para pagar. Problemas para devolver uns préstamos desfrutados por uns poucos.

Co cambio de goberno en Grecia, en outubro do 2009, saiu á luz que o goberno anterior falseara as súas estatísticas: o déficit de Grecia non era do 3.7%, senón sobre un 13%. Meses máis tarde descubriuse que esta terxiversación dos datos fora realizada coa axuda de Wall Street (Goldman Sachs).

Para enfrentar a crise, Grecia tivo que implementar un plan de aforro do gasto público. Tivo que subir o IVE (Imposto ao Valor Engadido) do 19% ao 23%. Os salarios públicos diminuíron nun 16%. E os pensionistas perderon parte das súas pagas. Como non podía ser doutra maneira, comenzou a protesta social.

Despois de moitas negociacións, as institucións financeiras por exelencia (FMI, BCE, BM) e algúns países da zona euro decidiron intervir en Grecia e aprobaron un plan de rescate de 110.000 millóns de euros. Esta inxección de fondos non fixo máis que agravar a crise e fomentar os movementos especulativos do capital financieiro.

Aínda así, o pobo grego ten que seguir as condicións impostas por estes organismos e aceptar un plan de austeridade draconiano para pagar una débeda, que a día de hoxe xa ascende aos 30.000 euros por greg@.

O problema de Grecia fixo que os bancos e as axencias de risco temeran unha expansión da crise por Europa.  Se se orixinara a bancarrota grega non só comprometería aos bancos expostos senón tamén aos países en problemas,  como España, Irlanda, Italia e Portugal, que terían que afrontar o pago de intereses moito máis elevados que os actuais. Estes países están no punto de mira e poderían verse afectados dentro de pouco.

E é que as coñecidas receitas do FMI, o BM e o BCE (reducción de soldos e xubilacións, despidos masivos de empregados públicos, privatización de empresas estatais… sóavos?) contan sempre cunhas liñas comúns:

ü  O proxecto económico: o neoliberalismo o as súas políticas de shock.

ü  Os protagonistas: o FMI e outras institucións a escala global (BM, BCE, ETC.)

ü  Os gañadores: o capital concentrado e, moi especialmente, a banca e as finanzas.

ü  Os perdedores: os asalariados, os traballadores e os sectores populares.

 

 

Pero o rexeitamento social a esas políticas é rotundo e evidente. Por iso,  dende AcampadaVigo, manifestamos a nosa solidariedade co pobo grego e pedimos ás autoridades diplomáticas do Estado unha condena firme e oficial da violencia e a represión sufrida pol@s cidadáns durante as xornadas de folga xeral do 28-29 de xuño do 2011.

Asimesmo, solicitamos que a diplomacia española apoie a nivel internacional a creación dunha comisión de auditoría integral da débeda pública, como xa esixiron diversos sectores da sociedade civil grega. Tal comisión encargaríase de determinar qué parte da débeda non lle corresponde pagar aos cidadáns por ser ilegal, ilexítima e/ou odiosa, segundo a definición de Alexander Sack, e segundo a experiencia de cuestionamiento da débeda por parte de Ecuador.

«Se un poder despótico contrae unha débeda, non segundo as necesidades e os intereses do Estado, senón para fortificar o seu réxime despótico, para reprimir a poboación que o combate, esta débeda é odiosa para a poboación de todo o Estado […] Esta débeda non é obrigatoria para a nación: é unha débeda do réxime, unha débeda persoal do poder que a contraeu, e por conseguinte deixa de existir coa caída dese poder.» (Sack, 1927).

 

AcampadaVigo considera que esta débeda é ilexítima porque:

  • Parte da débeda foi contraída pola dictadura dos coroneis, que se multiplicou por catro entre 1967 e 1974. Evidentemente, esta débeda responde ao calificativo de odiosa.
  • Dita débeda segue aumentando durante os anos noventa como consecuencia da reducción impositiva ás grandes rentas.
  • A débeda pública incrementouse aceleradamente a partir do ano 2000 grazas a escándalos como o da financiación dos Xogos Olímpicos e a compra de armas e fragatas a Alemaña e Francia.
  • Consideramos ademáis que os préstamos concedidos dende a crise crediticia mundial (2007-2008) a Grecia por parte do FMI e do BCE son igualmente odiosos porque son concedidos só coa condición de recortes sociais masivos e degradantes para a poboación.

 

Manifestámonos en contra deste rescate a Grecia e dos que se pretenden impor a outros países europeos, por ser estes contrarios aos intereses do pobo e beneficiosos só para unha pequena elite económica.

O pobo grego, coa súa firme resistencia, demostra estar disposto a acabar cun sistema que xa é inviable. Nós, hoxe, queremos acompañalo na súa loita e denunciar a feroz represión da que é obxecto.

Dende AcampadaVigo reiteramos o noso desexo e reivindicación dunha Europa dos Pobos, contra a Europa dos bancos, dos privilexios e do capital!

Comentarios cerrados.