XORNADAS SOBRE O APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL DOS MONTES VECIÑAIS (O GALIÑEIRO)

O movemento social “Pola Protección da serra do Galiñeiro” organiza para os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro unhas XORNADAS SOBRE O APROVEITAMENTO MULTIFUNCIONAL DOS MONTES VECIÑAIS, que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar, Pontevedra). No arquivo adxunto a esta circular figura o cartaz das mesmas co programa de actividades.

A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e O Morrazo, é quen de acoller, unha vez mais, unha actividade social aberta ao público en xeral, a técnicos forestais e ás comunidades de montes.

Dende esta plataforma consideramos que o esforzo adicado nos últimos decenios á explotación do monte unicamente para a obtención de madeiras de rápido crecemento causou un empobrecemento dos solos e unha perda alarmante DIVERSIDADE BIOLÓXICA ademáis de facilitar os incendios.

Son, por tanto, imprescindibles as iniciativas que tendan a restaurar e recuperar ambientalmente o monte e é necesaria a súa posta en valor considerando a DIVERSIFICACIÓN das súa produción.

Nestas xornadas haberá VISITAS GUIADAS os días 28 e 30, que serán unha oportunidade para amosarnos diversos traballos que neste eido se están a desenvolver na serra, e o día 29 á tardiña asistiremos á presentación de tres comunicacións e á posterior MESA REDONDA para achegármonos a outro modelo de xestión dos nosos montes.

Co ánimo, pois, de seguir difundindo os valores naturais, culturais, sociais e económicos do Galiñeiro, convidamos a todos os interesados neste tema, a participar nestas xornadas.

Para máis información pódese consultar as nosas páxinas web:

http://www.serradogalinheiro.org

http://www.facebook.com/Serra.do.Galinheiro

Cartel aqui

Comentarios cerrados.