Deixovos un texto que leu o pasado Domingo o compañeiro Sergio nunha reunión.
Tras seis meses analizando a realidade global na que vivimos a base de adquirir e asimilar información por toneladas de gigas xa coñezo prácticamente todos os entramados legais e financieiros que permiten que a inxustiza social este institucionalizada, é dicir, xa tiramos da manta, xa vimos toda a merda que permitimos que se acumulara e xa deberíamos estar preparados para xuzgar o sucedido e actuar en consecuencia. É hora de decidir a nosa postura e as nosas líneas de actuación. Pola miña parte teño clara estas cousas os bancos son asesinos de guante branco, os políticos están vendidos, os sindicatos maioritarios están mais preto dos empresarios e dos gobernos que do traballador ó que representan, a xustiza é parcial debido á non efectiva separación de poderes, o sistema productivo das empresas é insostenible e as guerras son un negocio mais para os especuladores. Creo que todos temos estos puntos claros e xa atacamos a todos os responsables dos diferentes organismos que mencionei pero… serviu de algo? Sirve de algo decirlle a Botín que está actuando mal? Na miña opinión non. El xa sabe o que está facendo cando fianacia a unha empresa armamentística ó igual que un xuíz que deixa libre a un corrupto sabe perfectamente que non está facendo ben o seu traballo polo tanto acusándoos o único que conseguimos e que preparen mais a súa defensa e o posterior contraataque. Esta estructura social esta definida como unha gran pirámide na que tan so sabemos mirar a cúspide e criticar as barbaries que emanan de ela. É moi fácil tomar como obxetivo da nosa loita a estas cabezas visibles as que responsabilizamos de todos os nosos males porque temos a certeza de que xamais teremos un enfrentamento real e personal cara a cara con ningún de eles pero… Onde reside realmente o poder de esta pirámide social? O poder dun banco por exemplo está nos cartos que manexa, o poder dun sindicato está no número de afiliados que poseé, o poder dun gobernó está nos votantes que os elixen, o poder de una empresa está nos empleados que a manteñen en activo e así sucede con todos os núcleos de poder existentes. A miña conclusión é que temos que re-evolucionar as bases da pirámide que está formada por nos e as personas que nos rodean, como pretendemos facer que un corrupto deixe de robar se non somos capaces de facer que o noso pai siga votándolle? Por qué criticamos a telebasura pero non criticamos á nosa nai por mirala? Como somos tan cínicos de quiexarnos de que se nos engane cando utilizamos a mentira como recurso na nosa vida social para caer mellor?
Por medo, temos medo de que os nosos país nos rechacen por no ser o que eles queren que sexamos, de non caer ben os nosos amigos por pensar de diferente maneira que eles, medo de que nos boten de unha empresa por defender os nosos dereitos, temos tanto medo de ser dominados que rematamos sendo demasiado autoritarios, o medo a quedarnos sos acábanos facendo estar en compañías que non nos satisfacen… Temos que acabar con isto, temos que estar orgullosos de crer na bondade do ser humano e non sentirnos estúpidos cando alguén se aproveita de nos por ser así, o error é seu. Temos que discutir con xente á que queremos defendendo a nosa postura firmemente pero sin impoñerlla a niguén aínda que nos coste una pérdida en alguna ocasión, temos que citicar as actitudes inxustas ó igual que as derrotistas das personas que temos mais cerca, é dicir, temos que levar ás nosas vidas o que estamos predicando nas rúas, debemos ser consecuentes, responsables e ante todo sinceros con nos mesmos e cos demais.
Para mín a maior victoria acadada desde que isto comezou no foi participar nunha organización que sacou á rúa 30.000 personas o 15 de Outubro aínda que fose un dos momentos mais satisfactorios da miña vida, senón que foi conseguir que unha parella ós que aprecio moitísimo pola súa calidade humana pero cos que discuto cada día por desavenecias ideolóxicas pasaran de non votar nunca e quedarse no sofá lamentándose do mal que está o mundo a acudir ás urnas e votar a un partido minoritario como Equo, aínda que non fose a opción electoral que eu escollín sei que logrei un cambio de actitude en eles a base de bombardearlles con información (logrando que me chamaran pesao en moitas ocasións) e discutir acerca de ela (ás veces a gritos). Por suposto que é duro decirlle a alguén que queres que se está equivocando pero ó contrario do que se podía esperar tantas horas de gresca non fixeron outra cousa que unirnos mais.
Non sempre vai ser así o resultado de esta dinámica por suposto e eu aprendino perdendo batallas nas que tiven que deixar atrás un fogar, moitos supostos amigos e incluso una familia pero aínda así os animo con todo o meu corazón a que sexades vos mesmos, coas vosas ideas e as vosas ganas de vivir de maneira diferente o que se esperaba de vos e cando pensedes que non sodes o suficientemente fortes ou que vos solos non cambiaredes nada recordade que hay una cousa mais importante que cambiar o mundo que é facer que o mundo non vos cambie a vos pois tan solo así conseguiremos que a ética gañe a guerra contra o beneficio poqur a ética non se ensina, se comparte.
Gracias.