A Asociación Nós Mesmas, entidade feminista de loita polos dereitos das lésbicas e mulleres bisexuais, convidan a todos a participar na celebración do ORGULLO LGTB VIGO 2012. Neste mes de xuño e como cuarto ano consecutivo en Vigo, organizan actos que terán lugar entre os días 18 ao 28 de xuño.
Este ano as accións acolleranse baixo o lema “Matrimonio Igualitario, Igualdade sen recortes” destacando que, despois de 7 anos, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo segue a estando ameazado baixo o recurso de anticonstitucionalidade do PP, pero poñendo o acento ademáis na terrible situación que estamos vivindo cós recortes deste goberno e que afectan ao colectivo LGTB en aspectos como, por exemplo, os recortes sufridos no Plan Nacional do VIH-SIDA.
O programa de actos é o detallado de seguido:
Mércores 20:
- 17.30_Presentación prensa Actos Orgullo LGTB 2012
- 18.00_Proxección curtos “Educar na Diversidade” ata o día 27, con pases ás 18, 19 e 20h
- Lugar: Casa da Muller
Venres 22:
- 20.30_Quedada e cea. Vémonos na Praza da Constitución, cear xuntas e comezar a festa 🙂 (confirma asistencia por mail!)
- 00.30_Festa Diversa. Música divertida, sorteos entre as e os asistentes, agasallos, bo ambiente….na sala MOGAMBO (Churruca, 12), entrada solidaria 2€ con sorteo incluido.
Sábado 23:
- 18.00_MANIFESTACIÓN baixo o lema “Matrimonio Igualitario. Igualdade sen recortes”. Sairemos do cruce de Colón con Urzaiz ata a Praza da Constitución. Trae a túa bandeira e coloreemos o centro de Vigo!!
- 19.00_Festa “Tortillera”. Despois da mani, na Praza da Consitución, disfruta dunha boa tapa de tortilla, con boa música e compañía!
Martes 26:
- 16h_Obradoiro Danza-Clown. A través da risa, da música e dos nosos corpos, o pasaremos en grande, soltaremos tensións e aprenderemos a coñecernos mellor rindonos máis e máis! No Centro Social LUME! (rúa Ruiseñor, 16, preto do peonil do Calvario), inscríbete por correo.
Xoves 28:
- 18.00_Palestra: “A LGTBfobia na Galiza e no mundo. Perpectiva actual.”
- Antonio Alonso_Coordinador Amnistia Internacional, Vigo
- Laura Guisantes_militante Briga.
E ademáis ….
-Video-forum “El celuloide oculto”_xoves 17 ás 18 no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central) organizado pola Rede Veciñal de mulleres contra os malos tratos.
-Palestra nas xornadas “Que hai de novo nos feminismos?”_venres 22, dende ás 17h, organizada por Emma Casal da Universidade de Vigo.
-Club de Lectura CRF “A semellanza” de María Xosé Queizan_martes 27 ás 18h, no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central), organizado polo CRF e Implicadas no Desenvolvemento.
-Palestra nas xornadas organizadas polo Centro Social “O Fresco”_29 ou 30 de xuño, no propio Centro social en Ponteareas.
Máis Información:
Asociación Nós Mesmas_Vigo
Asociación Nós Mesmas_Vigo
627736965
Pingback: El poder de la Voz del pueblo y sus Artes: RE-VISTAZO 15 M : ANILLO DE INFORMACIÓN 15 M: « Xochipilli – Red de Arte Planetaria -