Archivo del Autor: comisionaccion

Concentración en apoio ao pobo grego (15 de xuño do 2011)

A crise non é grega, a crise é do capital

Durante anos, Grecia estivo gastando diñeiro que non tiña. Nas épocas de bonanza, o goberno grego solicitou préstamos e gastounos en pagar antigas débedas, en aumentar soldos públicos, nas Olimpiadas do 2004… Malgastounos, en definitiva. Ao incrementar os seus gastos, aumentou o seu déficit, e iso creoulle problemas para pagar. Problemas para devolver uns préstamos desfrutados por uns poucos.

Co cambio de goberno en Grecia, en outubro do 2009, saiu á luz que o goberno anterior falseara as súas estatísticas: o déficit de Grecia non era do 3.7%, senón sobre un 13%. Meses máis tarde descubriuse que esta terxiversación dos datos fora realizada coa axuda de Wall Street (Goldman Sachs).

Para enfrentar a crise, Grecia tivo que implementar un plan de aforro do gasto público. Tivo que subir o IVE (Imposto ao Valor Engadido) do 19% ao 23%. Os salarios públicos diminuíron nun 16%. E os pensionistas perderon parte das súas pagas. Como non podía ser doutra maneira, comenzou a protesta social.

Despois de moitas negociacións, as institucións financeiras por exelencia (FMI, BCE, BM) e algúns países da zona euro decidiron intervir en Grecia e aprobaron un plan de rescate de 110.000 millóns de euros. Esta inxección de fondos non fixo máis que agravar a crise e fomentar os movementos especulativos do capital financieiro.

Aínda así, o pobo grego ten que seguir as condicións impostas por estes organismos e aceptar un plan de austeridade draconiano para pagar una débeda, que a día de hoxe xa ascende aos 30.000 euros por greg@.

O problema de Grecia fixo que os bancos e as axencias de risco temeran unha expansión da crise por Europa.  Se se orixinara a bancarrota grega non só comprometería aos bancos expostos senón tamén aos países en problemas,  como España, Irlanda, Italia e Portugal, que terían que afrontar o pago de intereses moito máis elevados que os actuais. Estes países están no punto de mira e poderían verse afectados dentro de pouco.

E é que as coñecidas receitas do FMI, o BM e o BCE (reducción de soldos e xubilacións, despidos masivos de empregados públicos, privatización de empresas estatais… sóavos?) contan sempre cunhas liñas comúns:

ü  O proxecto económico: o neoliberalismo o as súas políticas de shock.

ü  Os protagonistas: o FMI e outras institucións a escala global (BM, BCE, ETC.)

ü  Os gañadores: o capital concentrado e, moi especialmente, a banca e as finanzas.

ü  Os perdedores: os asalariados, os traballadores e os sectores populares.

 

 

Pero o rexeitamento social a esas políticas é rotundo e evidente. Por iso,  dende AcampadaVigo, manifestamos a nosa solidariedade co pobo grego e pedimos ás autoridades diplomáticas do Estado unha condena firme e oficial da violencia e a represión sufrida pol@s cidadáns durante as xornadas de folga xeral do 28-29 de xuño do 2011.

Asimesmo, solicitamos que a diplomacia española apoie a nivel internacional a creación dunha comisión de auditoría integral da débeda pública, como xa esixiron diversos sectores da sociedade civil grega. Tal comisión encargaríase de determinar qué parte da débeda non lle corresponde pagar aos cidadáns por ser ilegal, ilexítima e/ou odiosa, segundo a definición de Alexander Sack, e segundo a experiencia de cuestionamiento da débeda por parte de Ecuador.

«Se un poder despótico contrae unha débeda, non segundo as necesidades e os intereses do Estado, senón para fortificar o seu réxime despótico, para reprimir a poboación que o combate, esta débeda é odiosa para a poboación de todo o Estado […] Esta débeda non é obrigatoria para a nación: é unha débeda do réxime, unha débeda persoal do poder que a contraeu, e por conseguinte deixa de existir coa caída dese poder.» (Sack, 1927).

 

AcampadaVigo considera que esta débeda é ilexítima porque:

  • Parte da débeda foi contraída pola dictadura dos coroneis, que se multiplicou por catro entre 1967 e 1974. Evidentemente, esta débeda responde ao calificativo de odiosa.
  • Dita débeda segue aumentando durante os anos noventa como consecuencia da reducción impositiva ás grandes rentas.
  • A débeda pública incrementouse aceleradamente a partir do ano 2000 grazas a escándalos como o da financiación dos Xogos Olímpicos e a compra de armas e fragatas a Alemaña e Francia.
  • Consideramos ademáis que os préstamos concedidos dende a crise crediticia mundial (2007-2008) a Grecia por parte do FMI e do BCE son igualmente odiosos porque son concedidos só coa condición de recortes sociais masivos e degradantes para a poboación.

 

Manifestámonos en contra deste rescate a Grecia e dos que se pretenden impor a outros países europeos, por ser estes contrarios aos intereses do pobo e beneficiosos só para unha pequena elite económica.

O pobo grego, coa súa firme resistencia, demostra estar disposto a acabar cun sistema que xa é inviable. Nós, hoxe, queremos acompañalo na súa loita e denunciar a feroz represión da que é obxecto.

Dende AcampadaVigo reiteramos o noso desexo e reivindicación dunha Europa dos Pobos, contra a Europa dos bancos, dos privilexios e do capital!

Comunicado: concentración en apoio ao pobo grego/ Comunicado: concentraciòn en apoyo del pueblo griego

 

AcampadaVigo convoca o día 15 de xullo ás 20.00 hrs, na Farola (Colón-Urzáiz) unha concentración en apoio ao pobo grego á que lle seguirá a proxección do documental “Deudocracia”, na Cova dos Ratos (R/ Romil, 3). Este é un documental grego de análise da actual situación económica do país.
Nós, dende AcampadaVigo, pedimos ás autoridades diplomáticas do Estado a condena firme e oficial da violencia e represión sufrida pol@s cidadáns e cidadás durante as xornadas de folga dos días 28/29  xuño de 2011.
Solicitamos, ademáis, que a diplomacia española apoie, a nivel internacional, a creación dunha comisión de auditoría legal da débeda pública, como xa esixiron diversos sectores da sociedade civil grega. Tal comisión encargaríase de determinar qué parte da débeda non lle corresponde pagar a/os cidadáns e cidadás por ser ilegal, ilexítima e odiosa, seguindo a definición de Sacks, e, segundo a experiencia de poñer en cuestión a débeda por parte de Ecuador nos anos 2007-2008.
” Se un poder despótico contrae unha débeda, non segundo as necesidades e os intereses do Estado, senón para fortificar o seu réxime despótico, para reprimir á poboación que o combate, esta débeda é odiosa para a poboación de todo o Estado […] Esta débeda non é obrigatoria para a nación: é unha débeda do réxime, é unha débeda persoal do poder que a contraeu e, polo tanto, deixa de existir coa caída dese poder.”(Sack, 1927).

AcampadaVigo considera que a débeda grega é ilexítima porque:
en primeiro lugar temos a débeda contraída pola ditadura dos coroneis, que se multiplicou por catro entre 1967 e 1974. Evidentemente, esta débeda responde ao calificativo de odiosa. A devandita débeda seguiu aumentando durante os anos noventa como consecuencia da rebaixa impositiva ás grandes rendas. A débeda pública incrementouse aceleradamente a partir do ano 2000 grazas a escándalos como o da Financiación dos Xogos Olímpicos e a compra de armas e fragatas a Alemaña e Francia.
Consideramos, ademáis, que os préstamos concedidos dende a crise crediticia mundial(2007-2008) a Grecia por parte do FMI e do BCE son igualmente odiosos porque son concedidos só coa condición de recortes sociais masivos e degradantes para a poboación. Referímonos a medidas como o recorte do 20% nos salarios, a reducción das pensións e o incremento dos anos de cotización, o despedimento de milleiros de empregados públicos, o aumento dun 30% no prezo do transporte público, o aumento dos impostos indirectos( IVE), as privatizacións sobre bens básicos, como auga e electricidade, e de sectores estratéxicos tales coma portos e aeroportos.
Nós manifestámonos en contra do mencionado rescate a Grecia e a outros que se pretenden impoñer  a outros países europeos, por ser éstes contrarios aos intereses do pobo e beneficiosos só para unha pequena elite económica.
Dende AcampadaVigo reiteramos o noso desexo e reivindicación dunha Europa para os Pobos e contra a Europa dos bancos e os privilexios.

Deudocracia (documental): http://www.youtube.com/watch?v=KX82sXKwaMg

Info débeda ilexítima e odiosa: http://www.eurodad.org/

PDF: http://www.cisdl.org/pdf/Deuda_Odiosa_Eurodad_2006.pdf

Artigo explicativo da xeración da débeda e voces a prol da auditoría: http://www.attacpv.org/web3/index.php?option=com_content&view=article&id=852:grecia-simbolo-de-la-deuda-ilegitima-&catid=24:opinionsaltermundistesmenujfg&Itemid=50

Democracy vs mythology: the Battle in Syntagma Square: http://sturdyblog.wordpress.com/2011/06/18/democracy-vs-mythology-the-battle-in-syntagma-square/

Video, Parlamento Europeo, debate sobre os rescates a Grecia: http://www.youtube.com/watch?v=nqno8H-mjeY&feature=iv&annotation_id=annotation_89964

(VERSIÒN EN CASTELLANO)

AcampadaVigo convoca el día 15 de julio, 20.00 horas en la Farola (Urzaiz) una concentración en apoyo al pueblo griego a la que seguirá la proyección del documental “Deudocracia”,(Cova dos Ratos, rua, Romil 3), documental independiente griego de análisis sobre la actual situación económica del País. Nosotr@s de AcampadaVigo pedimos a las autoridades diplomáticas del Estado una condena firme y oficial de la violencia y la represión sufrida por l@s ciudadan@s durante las jornadas de huelga del 28-29 de junio de 2011. Solicitamos además que la diplomacia española apoye a nivel internacional la creación de una comisión de auditoría integral de la deuda pública, como ya han exigido diversos sectores de la sociedad civil griega, tal Comisión se encargaría de determinar que parte de la deuda no le corresponde pagar a los ciudadanos por ser ilegal, ilegitima y odiosa, según la definición de Sack, y según la experiencia de cuestionamiento de la deuda por parte de Ecuador 2007-2008. «Si un poder despótico contrae una deuda, no según las necesidades y los intereses del Estado, sino para fortificar su régimen despótico, para reprimir la población que le combate, esta deuda es odiosa para la población de todo el Estado […] Esta deuda no es obligatoria para la nación: es una deuda del régimen, una deuda personal del poder que la contrajo, y por consiguiente deja de existir con la caída de ese poder.» (Sack, 1927). AcampadaVigo considera que dicha deuda es ilegitima porqué: en primer lugar tenemos la deuda contraída por la dictadura de los coroneles, que se cuadriplicó entre 1967 y 1974. Evidentemente, esta deuda responde al calificativo de odiosa. Dicha deuda siguío aumentando durante los años noventa como consecuencia de la reducción impositiva a las grandes rentas. La deuda pública se incrementò aceleradamente a partir del año 2000 gracias a escandalos como el de la financiación de los Juegos Olimpicos y la compra de armas y fragatas a Alemania y Francia. Consideramos además que los prestamos concedidos desde la crisis crediticia mundial (2007-2008) a Grecia por parte de F.M.I. y del B.C.E. son igualmente odiosos porqué son concedidos solo a condición de recortes sociales masivos y degradantes para la población. Nos referimos a medidas como el recorte de un 20% en los salarios, el despido de miles de empleados públicos, la reducción de las pensiones, el aumento de la edad de jubilación así como de los años de cotización, el aumento de los impuestos indirectos, IVA, sobre bienes básicos, aumento del 30 % de los billetes en todos los transportes públicos, la privatización de diversos sectores estrategicos tales como puertos y aeropuertos, y de servicios básicos, como agua y electricidad. Nos manifestamos en contra de dicho rescate a Grecia y los que se pretenden imponer a otros paises europeos, por ser estos contrarios a los intereses del pueblo y beneficiosos sólo para una pequeña élite económica.

Desde AcampadaVigo reiteramos nuestro deseo y reivindicación de una Europa de los Pueblos, contra la Europa de los bancos y de los privelegios.

 

Deudocracia (documental): http://www.youtube.com/watch?v=KX82sXKwaMg

Sobre la deuda ilegítima y odiosa: http://www.eurodad.org/

PDF: http://www.cisdl.org/pdf/Deuda_Odiosa_Eurodad_2006.pdf

Artículo explicativo de la genración de la deuda y voces a favor de la auditoría: http://www.attacpv.org/web3/index.php?option=com_content&view=article&id=852:grecia-simbolo-de-la-deuda-ilegitima-&catid=24:opinionsaltermundistesmenujfg&Itemid=50

Democracy vs mythology: the Battle in Syntagma Square: http://sturdyblog.wordpress.com/2011/06/18/democracy-vs-mythology-the-battle-in-syntagma-square/

Video, Parlamento Europeo, debate sobre los rescates a Grecia: http://www.youtube.com/watch?v=nqno8H-mjeY&feature=iv&annotation_id=annotation_89964

CONCENTRACIÓN EN APOIO AO POBO GREGO

Photobucket

Este venres 15 de xullo concentrarémosnos na Farola como xesto de apoio ao pobo grego ante a situación de débeda a que están sometidos por parte dos seus dirixentes e para mostrar o noso rexeitamento ás políticas económicas ás que o FMI; o BCE e a mesma UE nos teñen sometidos.

Despois da concentración, ás 22:00h., proxectarase na Cova dos Ratos (rúa Romil, 3) o documental “Deudocracia” o cal profundiza nestes aspectos e ofrece posibles solucións que están sendo obviadas polas organizacións antes mencionadas.

Vémosnos na rúa!!

 

Novo día de reunión da Comisión de Acción

Con motivo do cambio ao xoves da Asamblea popular de Vigo:

Reunións da Comisión de Acción

LUNS MÉRCORES ás 21:00H

Aproveitamos a ocasión para animarvos novamente a participar activamente nas reunións e accións.

Vémosnos pola acampada!

Flashmob anticonsumista no comezo das rebaixas (01/07/2011)

O venres día 1 de xullo saímos á rúa para realizar un flashmob anticonsumista con motivo do inicio das rebaixas de verán. Realizámolo na rúa Príncipe, na Rúa Urzáiz, no centro comercial A Laxe e no Corte Inglés.

Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket

Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket
Photobucket

Fotos: Paula Baena