Archivo de la etiqueta: global change

MANIFIESTO 12M: XUNTOS POR UN CAMBIO GLOBAL..!

MANIFESTO GLOBAL PARA O 12 DE MAIO

Vivimos nun mundo dominado por unha minoría incapaz que impide una vida digna para todos os habitantes do planeta e que esnaquiza os dereitos básicos das persoas. Un mundo onde “se nos di” que non hai máis alternativa que a perda de dereitos acadados tras longas loitas, ou a renuncia a sequera gozalos.

Fomos construíndo un mundo no que o éxito tense asimilado “ao individual”, e no que se bloqueou a idea da posibilidade do triunfo colectivo. É máis, todo aquilo que non fomente a competitividade, a rendibilidade monetaria e o crecemento constante é presentado como disfuncional. Una ideoloxía que se ve reforzada pola hexemonía cultural dos grandes medios de comunicación, auténticos instrumentos para crear o consenso necesario ao redor deste sistema inxusto e insolidario.

Pero non quedamos calados. Espertamos as nosas conciencias, e estas sumáronse a unha vaga de conciencia colectiva que está a atravesar o planeta dunha beira á outra. Dende Túnez á Praza Tahrir, dende Madrid a Reijkiavik, dende Nova Iorque a Bruxelas, os pobos do mundo alzáronse, na Primavera Árabe, na Dignidade Islandesa, na Indignación do 15M ou na Ocupación de Wall Street. Todos unidos denunciamos o estado actual do mundo. O noso esforzo serviu para dicir basta xa a escala mundial, e comezar a forzar trocos, aínda nacentes, pero nos que seguiremos avanzando.

É por iso que nós, mulleres e homes, habitantes deste planeta, decidimos libre e fraternalmente facer ouvir a nosa voz outra vez este 12 de Maio en todo o mundo, para denunciar o estado actual do noso planeta, e esixir a aplicación doutras políticas diferentes, destinadas ao fomento e promoción do ben común.

Denunciamos que coa actual distribución dos recursos económicos só unha minoría moi pequena escapa da pobreza ou a precariedade. As xeracións futuras están condenadas a recibir una herdanza envelenada debido aos riscos medioambientais provocados por moi poucos para o seu beneficio. Os sistemas políticos democráticos, alí onde os hai, foron baleirados de senso case na súa totalidade, poñéndoos ao servizo dos mesmos que só están interesados en aumentar o beneficio para as súas corporacións ou institucións financeiras, sen importar o destino do planeta ou dos seus habitantes.

Tamén denunciamos que a actual crise non é un accidente natural. Foi provocada polos mesmos que levaron ao mundo ata esta situación. Coa axuda dunha ciencia económica que perdeu o seu senso orixinario de xestión do ben común, para converterse en ideoloxía ao servizo do poder financeiro, pretenden impor medidas que abafan aínda máis a miles de millóns de persoas, sen pedirlles permiso, tan só argumentando que non hai outra solución posible. Din que debemos deixar o noso futuro en mans dos mesmos expertos que o están destruíndo.

En Vigo e comarca estámolo a padecer en tódolos eidos: o naval agoniza polas políticas de descapitalización aplicadas nestes anos; o sector público, a sanidade e a educación están ameazadas pola privatización da súa xestión; a cultura está sendo desartellada de xeito interesado; a innovación semella desbotada como fórmula de apoio ao modelo produtivo local; e o sistema financeiro público está a ser devorado pola banca privada.

Pero tamén, aquí e agora, voltamos. Espertamos e xa non só para laiarnos. Agora apuntamos aos verdadeiros causantes da crise, ás súas políticas e ás súas mentiras disfrazadas de baleira retórica. E propomos alternativas ás súas políticas, que permitan remediar a actual situación e avanzar cara a un mundo máis democrático, onde reinen os valores da liberdade, a igualdade e a fraternidade. O vello soño dos nosos antepasados cando se ergueron contra a opresión no pasado por todo o planeta. Un mundo onde cada home ou muller teña garantido o dereito á libre busca da ledicia, persoal e colectiva.

 

EL 12M EN VIGO VOLVEMOS A LA CALLE!!

Poco a poco el 12M se va acercando, y en Vigo ya estamos listos para volver a tomar la calle y decirles en un solo grito: ¡YA ESTAMOS HARTOS!

Únete a nosotros, y haz que tu voz se escuche!!

Será el día 12 de Mayo a las 19 horas desde La plaza de España.

No dejes de unirte a nuestro evento en facebook: https://www.facebook.com/events/419229771439120/

Este 12 de Maio convirtamos as ruas no maior altofalante do mundo. Tomemos o rúa este 12 de Maio!

La distribución actual de los recursos económicos condena a la inmensa mayoría de la población mundial a la pobreza o a la incertidumbre diaria, y a las generaciones del futuro a una herencia marcada por los riesgos medioambientales. Todo para el beneficio de unos pocos.

El sábado 12 de mayo ha sido propuesta como un día de acción global en el que se volverá a salir a las calles, las plazas, o donde podemos con el fin de llevar a cabo acciones específicas que permitan manifestaciones masivas.

El martes 15 de mayo pretende ser un día de acción global, para intervenir en los flujos de capital y la movilidad, mientras que simultáneamente se ponen en marcha acciones coordinadas con el fin de hacer tomar conciencia de que el mundo se mueven en direcciones nuevas y colectivamente repensar las relaciones humanas, económicas y sociales.

Os animamos a todos y todas a poner en vuestro perfil cualquiera de las imágenes que animen al Mundo a salir el 12M por un cambio global, en este enlace tenéis un buen número de ellas:
http://madrid.tomalaplaza.net/2012/04/13/camino-a-mayo-de-2012-material-grafico/

El 12 de Mayo es solo el principio, 15M Vigo prepara actividades y esperamos contar con vuestra presencia para ellas  y por supuesto para el
15 DE MAYO, QUE SERÁ UN DÍA DE ACCIÓN GLOBAL!!, y como es el día de nuestro primer cumpleaños estamos preparando algo especial.
Os iremos informando.

SOMOS EL 99%

¡ANIMAROS, INVITAD A VUESTROS CONTACTOS, HAGAMOS QUE VIGO SUME Y SUME AL CAMBIO GLOBAL!

¡¡ EL 12 DE MAYO OS ESPERAMOS NUEVAMENTE EN LA CALLE !!