Os movementos sociais vigueses xurdidos a raíz do movemento 15M levamos meses traballando na convocatoria do 12 de maio, día no cal conmemoraremos de xeito reivindicativo o aniversario da primeira gran manifestación do movemento. Estes movementos convocamos e organizamos unha manifestación que percorrerá a cidade dende as 19.00h, coordinada con outras mobilizacións
que se celebrarán a nivel global ese mesmo día.
Somos perfectamente conscientes de que os recortes e a precariedade do sistema os padece a maioría social: traballadores e traballadoras, estudantes, parados, inmigrantes, etc. Sendo coherentes con isto, e a pesares das moitas críticas que temos cara as cúpulas sindicais, os convidamos a participar na mobilización do 12 de maio por medio de reunións cos seus dirixentes
locais.
Sorprendentemente, o 1 de maio, as direccións sidicais de CCOO, UXT e CIG anunciaban a convocatoria dunha manifestación o mesmo día e á mesma hora en defensa do sector naval. Os traballadores do sector naval son todo un exemplo de dignidade, un emblema na loita pola xustiza social na nosa cidade, e sentímonos plenamente identificados coas súas reivindicacións e as facemos nosas. Dito isto, os traballadores do sector naval sofren os mesmos problemas que o 99 por cento da poboación: recortes en sanidade e educación, degradamento dos servizos públicos en xeral, paro, malas condicións de traballo, etc.
A consecuencia lóxica destes intereses comúns é mobilizarnos conxuntamente. ¿Por qué osdirixentes sindicais non animan entón ós traballadores do naval a participar o 12M nunha mobilización na que expresaremos os nosos intereses diversos pero comúns? ¿É o máis axeitado para os traballadores do naval e para o conxunto da cidadanía loitar separados en lugar de unidos?
Nós o temos claro: convidamos ós traballadores do sector naval e a todos os demais a participar na mobilización global do 12 de maio, en defensa dos seus dereitos, que son os de todos.
15M Vigo
Comisión de Prensa y Comunicación
tel. 647 423 580
prensa15mvigo@gmail.com
www.15mvigo.org
www.facebook.com/15Mvigo
twitter: @15m_vigo